Edublogs
Un blog é unha páxina web de carácter
persoal, cuxa finalidade é transmitir un contido de interese por parte do autor
ou autores. Nesta liña xorden os edublogs, cuxo nome provén da unión das palabras education e blog, Trátanse
de weblogs creados para empregar como complemento nos procesos de ensinanza e
aprendizaxe
Ferramentas para a cración dun
blog
Debido ao continuo desenvolvemento da
tecnoloxía así como de todos os aspectos que a ela se refire, a continua
creación de elementos novidosos aumenta cada vez máis. O abanico de ferramentas
a empregar na rede aumenta da mesma forma, e os blogs non son unha excepción.
Grazas ao servicio que os blogs ofrecen a comunidade en infinidade de ámbitos,
a súa continua mellora era inevitable. Dentro dun catálogo tan amplo o mellor é
destacar algúns deles:
WordPress. Destaca pola súa
capacidade de planificación (temas, widgets), ofrecendo un resultado moi
profesional.
Blogger. As principais ventaxas desta
plataforma son o seu doado emprego, é gratuito e dispoñemos dunha versión en
español.
TypePad. Servicio similar a
WordPress, que destaca polas ferramentas para optimizar palabras clave para
buscadores e redes sociais. O principal inconveniente de TypePad é que non
dispoñemos dunha versión gratuita, contando aínda así cun período de proba de
dúas semanas.
Tumblr. Trátase dun híbrido de blog
e rede social. As principais ventaxas son a súa sincronización con Twitter e
Facebook, unha app gratuíta para móbiles e a capacidade para publicar vía
correo electrónico.
SquareSpace. Servicio orientado
principalmete aos negocios. Atopámonos con un servizo de pago con período de
dúas semanas, destacando no intercambio de contido con WordPress, Blogger e
TypePad.
Como mencionei anteriormente, non son
estes os únicos lugares dispoñibles para a creación dun blog. Podemos atopar
infinidade de páxinas igual de útiles, pero por determinadas características
previamente mencionadas penso que son os máis destacables.
Uso de blogs na pedagoxía constructivista
Según a pedagoxía constructivista, é
o mestre o que debe facilitar o aprendizaxe dos estudantes actuando de mediador
entre o neno e a información. Desta forma será el o que constrúa o seu propio
aprendizaxe. Vemos pois, como toma relevancia a capacidade do mestre para
ofrecer un ambiente axeitado para a aprendizaxe en base aos coñecementos
previos do alumno. Os blogs ofrécennos unha tarea moi sinxela e de moita
importancia, o continuo intercambio de información.
Loxicamente non podería manter un
intercambio de información vía weblogs cos meus alumnos de 3, 4 ou 5 anos, pero
si cos seus pais. Un requisito que considero fundamental para unha boa
ensinanza é a comunicación cos pais. Un edublog ofrécenos a gran oportunidade
de un intercambio continuo e en detallado de todos os avances dos nenos na
aula. Xa sexa mediante fotos, descripcións de actividades ou vídeos, todos os
pais poderán estar ao tanto do que os seus fillos fan na aula. O mellor é que
todos podemos compartir información no blog. A actividade de aprendizaxe dun
neno non remata na escola, mais ben continúa na casa. Un mestre vaise perder
unha morea de eventos importantes na vida dun dos seus alumnos, así como de
accións que nos axudarían a coñecelos mais en profundidade. Que os pais teñan a
liberdade de publicar aquelas cousas que consideren relevantes no día a día cos
seu fillos faille o traballo a un mestre moito mais sinxelo.
Un blog conxunto entre o mestre e os
pais vainos proporcionar polo tanto un doble beneficio:
-Por unha parte todos os pais van
estar totalmente informados no que aos seu fillos se refire, así como de todas
as actividades que na aula se desenvolven.
-Por outro lado o mestre poderá
coñecer mais a fondo aos seus alumnos, feito que repercute moi positivamente no
porceso de ensinanza.
Mencionei anteriormente que na
pedagoxía constructivista cobra especial importancia a capacidade do mestre
para diagnosticar os coñecementos previos do alumno. Grazas aos blogs este
proceso axilízase moito, podendo un mestre coñecer mellor aos seus alumnos, e
os pais coñecer mellor o desenvolvemento dos seus fillos.