Dada a miña opinión xa manifestada
anteriormente neste blog, as tecnoloxías que envolven a
sociedade actual poden non ser tan beneficiosas para os nenos. Durante toda a
nosa vida dependemos da tecnoloxía para vivir. Tal e como
menciona Mafalda na tira cómica chega un momento no que as tecnoloxías pensan por nos.
Calquera acción que desevolvemos a diario está regulada por algún aprello electrónico, aínda que non sempre sexa
imprescindible empregalo. Durante os primeiros anos de vida, un neno debe
aprender as bases de todo aprendizaxe ao longo da súa vida. Na era tecnolóxica na que nos atopamos
preténdese introducir aos
nenos dende a mais temprá infancia nesta dinámica de emprego de
ordenadores, teléfonos, tabletas... A finalidade desta intrusión tecnolóxica na aula básase en intentar mellorar
unhas ensinanzas tradicionais que moitos non percibimos que precisen unha
mellora. Non pretendo desprestixiar o seu emprego, pois considero que en moitísimos casos son unhas ferramentas imprescindibles para poder tratar con certos nenos ou para transmitir certas ideas. Dada a importancia que cobra a tecnoloxía neste século, e inevitable que os nenos non se vexan ligados a ela. Pese a miña constante renegación a teléfonos móviles, tabletas e demais, son consciente de que a maior parte da poboación está encantada con estes aparellos e non chegan a ser conscientes da dependencia que xeneran. Non podemos alonxar aos nenos das tecnoloxías, pero o que si podemos facer é ensinarlles a empregalas da forma axeitada. Deben comprender que o seu uso é como ferramenta de estudos ou de traballo, non como xoguete.
Ningún comentario:
Publicar un comentario