sábado, abril 08, 2017

Os edublogs e a pedagoxía constructivista


Edublogs

Un blog é unha páxina web de carácter persoal, cuxa finalidade é transmitir un contido de interese por parte do autor ou autores. Nesta liña xorden os edublogs, cuxo nome provén da unión das palabras education e blog, Trátanse de weblogs creados para empregar como complemento nos procesos de ensinanza e aprendizaxe

Ferramentas para a cración dun blog

Debido ao continuo desenvolvemento da tecnoloxía así como de todos os aspectos que a ela se refire, a continua creación de elementos novidosos aumenta cada vez máis. O abanico de ferramentas a empregar na rede aumenta da mesma forma, e os blogs non son unha excepción. Grazas ao servicio que os blogs ofrecen a comunidade en infinidade de ámbitos, a súa continua mellora era inevitable. Dentro dun catálogo tan amplo o mellor é destacar algúns deles:

WordPress. Destaca pola súa capacidade de planificación (temas, widgets), ofrecendo un resultado moi profesional.
Blogger. As principais ventaxas desta plataforma son o seu doado emprego, é gratuito e dispoñemos dunha versión en español.
TypePad. Servicio similar a WordPress, que destaca polas ferramentas para optimizar palabras clave para buscadores e redes sociais. O principal inconveniente de TypePad é que non dispoñemos dunha versión gratuita, contando aínda así cun período de proba de dúas semanas.
Tumblr. Trátase dun híbrido de blog e rede social. As principais ventaxas son a súa sincronización con Twitter e Facebook, unha app gratuíta para móbiles e a capacidade para publicar vía correo electrónico.
SquareSpace. Servicio orientado principalmete aos negocios. Atopámonos con un servizo de pago con período de dúas semanas, destacando no intercambio de contido con WordPress, Blogger e TypePad.

Como mencionei anteriormente, non son estes os únicos lugares dispoñibles para a creación dun blog. Podemos atopar infinidade de páxinas igual de útiles, pero por determinadas características previamente mencionadas penso que son os máis destacables.

Uso de blogs na pedagoxía constructivista


Según a pedagoxía constructivista, é o mestre o que debe facilitar o aprendizaxe dos estudantes actuando de mediador entre o neno e a información. Desta forma será el o que constrúa o seu propio aprendizaxe. Vemos pois, como toma relevancia a capacidade do mestre para ofrecer un ambiente axeitado para a aprendizaxe en base aos coñecementos previos do alumno. Os blogs ofrécennos unha tarea moi sinxela e de moita importancia, o continuo intercambio de información. 

Loxicamente non podería manter un intercambio de información vía weblogs cos meus alumnos de 3, 4 ou 5 anos, pero si cos seus pais. Un requisito que considero fundamental para unha boa ensinanza é a comunicación cos pais. Un edublog ofrécenos a gran oportunidade de un intercambio continuo e en detallado de todos os avances dos nenos na aula. Xa sexa mediante fotos, descripcións de actividades ou vídeos, todos os pais poderán estar ao tanto do que os seus fillos fan na aula. O mellor é que todos podemos compartir información no blog. A actividade de aprendizaxe dun neno non remata na escola, mais ben continúa na casa. Un mestre vaise perder unha morea de eventos importantes na vida dun dos seus alumnos, así como de accións que nos axudarían a coñecelos mais en profundidade. Que os pais teñan a liberdade de publicar aquelas cousas que consideren relevantes no día a día cos seu fillos faille o traballo a un mestre moito mais sinxelo.

Un blog conxunto entre o mestre e os pais vainos proporcionar polo tanto un doble beneficio:

-Por unha parte todos os pais van estar totalmente informados no que aos seu fillos se refire, así como de todas as actividades que na aula se desenvolven.
-Por outro lado o mestre poderá coñecer mais a fondo aos seus alumnos, feito que repercute moi positivamente no porceso de ensinanza.

Mencionei anteriormente que na pedagoxía constructivista cobra especial importancia a capacidade do mestre para diagnosticar os coñecementos previos do alumno. Grazas aos blogs este proceso axilízase moito, podendo un mestre coñecer mellor aos seus alumnos, e os pais coñecer mellor o desenvolvemento dos seus fillos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario