Estructura dun edublog

Apariencia do blog

Dado que o edublog que pretendemos empregar vai destinado a nenos de 3, 4 e 5 anos, debemos ter en conta certos parámetros para poder atraer a súa atención. Un deseño colorido, con relativa sinxeleza e atractivo para os nenos considero que son os tres piares fundamentais para que, botando un primeiro vistazo, os nenos manteñan a súa atención no blog. Como podemos ver no blog dunha mestra de educación infantil da escola Juan Carlos I de Murcia, o colorido e as figuras chamativas (ráns que saltan e o cartel de benvida con brillantes neste caso) benefician a atención dos nenos.

Orde

Os destinatarios dun blog van definir as  características que este debe ter, dado que non debe parecer igual un blog para nenos que un blog para adultos. A orde de estructuración do blog cobra especial importancia a hora de fomentar a investigación dos nenos. Un blog onde a un neno lle custe moito atopar aquelas entradas ou actividades do seu interese, vai acabar por se inservible posto que a súa atención perderase. Facilitar as labores de investigación será pois a principal vantaxa dun blog con información ben organizada.

Gadgets e complementos

O tipo de gadgets empregados xoga un papel tamén importante, dado que a súa principal función é facilitar o emprego xeral do blog. Dentro da ampla gama de gadgets e recursos a empregar nun blog, quero destacar os Tagboards. Ofrecen unha posibilidade de libre opinión e debate, feito que beneficia o intercambio de datos e información entre os lectores do blog.

Actividades

Para que o blog poida ser a gusto de todos e mostrar aquelas cousas que xeneren interese entre os seus lectores, a variedade é importante. Dado que xa mencionei noutros apartados tipos de actividades co blog, esta é unha lista coas principales actividades que presentaría un bo edublog.

-Vídeos e imaxes sobre temas dados na aula.
-Ligazóns a páxinas de interese para os lectores do blog.
-Suxerencias de actividades que os nenos poderían facer fora da aula.

-Cancións e contos educativos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario