Realidade Aumentada

A realidade aumentada é o termo que empregamos para definir unha visión dun entorno físico do mundo real combinado con elementos virtuales. Desta forma atoparemonos coa creación dunha realidade mixta en tempo real. 

Paul Milgram e Fumio Kishino definen este concepto como o continuo que abarca dende o entorno real a un entorno virtual puro. Entre medio hai unha realidade aumentada, que se atopa mais preto do entorno real, e unha virtualidade aumentada, que se atopa mais preto do entorno virtual.

Aplicacións 

Goggles: Trátase dun servizo gratuito exclusivo para teléfonos con sistema operativo Android. Autoriza a procura en internet de obxetos reais (productos ou puntos xeográficos).

TAT Augmented ID: Servizo coa capacidade de recoñecer o rostro dunha persoa e amosar os servizos web nos que está presente.

WordLens: Aplicación que nos permite facer unha traducción instantánea a partir dunha fotografía tomada dun escrito calquera.

 Webs de proxectos educativos con realidade aumentada

http://enmarchaconlastic.educarex.es/listado-de-categorias-2/233-nuevo-emt/formacion/1046-realidad-aumentada-en-educacion-infantil

Nesta páxina amósasenos un proxecto levado a cabo para proxectar unha cidade en realidade aumentada. Para a súa realización precisaron empregar varios programas como o Google Sketchup para crear un monumento en 3D, e posteriormente empregaron Mundo Bakia para poder asignarlle un marcador e poder mostralo a través da webcam na aula. O mais chamativo deste proxecto é que unha vez finalizada a etapa virtual, a clase fixo unha excursión onde puideron ver directamente todo o mostrado na pantalla do ordenador.

http://www.educaciontrespuntocero.com/experiencias/desarrollo-cognitivo-traves-de-ra-con-el-proyecto-juglar/23690.html

“Juglar” é un xogo educativo orientado ao desenvolvemento cognitivo de nenos e nenas con dificultades de aprendizaxe. A principal característica deste proxecto fusiona o xogo tradicional de mesa coas novas tecnoloxías. Pese a estar aínda en pleno desenvolvemento, trátase dunha actividade que pretende relacionar conceptos (formas, cores, palabras…) co engadido dos sons para un bo reforzó auditivo. Os principais obxetivos son adaptar a educación a tecnoloxía para evitar unha exclusión da mesma nos nenos con necesidades educativas especiais, achegar as TIC a aula sen unha formación a maiores e implicar as familias nos procesos de aprendizaxe dos nenos.


Actividade empregando a realidade aumentada

Dada o meu gran interese na vida natural, e aprobeitando que Galiza é unha terra moi propicia para perderse na natureza, o meu proxecto tratará de achegar aos nenos a natureza autóctona da súa terra. O meu principal interese é amosar algúns animais que podemos atopar nos montes galegos, así como de certas prantas e árbores.
Para comezar esta actividade, o primeiro é xerar os códigos QR de todas aquelas especies de animais e plantas que desexemos amosarlles aos nenos. A continuación mediante a aplicación QR Code Studio, xeraremos os códigos a partir de imaxes que podemos obter na rede. A idea é que cada neno reciba unha tarxeta co seu código, e unha vez viran de que animal ou planta se trata falar entre todos que especie é, onde poderíamos atopala…


Ningún comentario:

Publicar un comentario